A casa rural restaurouse con paixón, integrándoa máis se cabe no contorno, respectando todo o posible a estrutura e materiais dunha típica vivenda galega situada na beira do mar e concedéndolle un papel predominante na súa rehabilitación á pedra e á madeira.
Está bordeada por un arroio denominado "Regato da Laxe" que trae as augas procedentes da "Moa", punto máis alto do Monte Pindo, con 641 metros de altitude sobre o nivel do mar, desde onde se divisa Fisterra, Corcubión, a impresionante praia de Carnota e, segundo din, en días claros as torres da Catedral de Santiago de Compostela.