Como chegar desde A Coruña ata O Pindo
Pola autoestrada AG-55 ou pola estrada C-552 que une esta cidade con Fisterra. Ao chegar a Cee desviámonos á dereita pola comarcal C-550 en dirección Muros e tras pasar O Ézaro, chegamos ao Pindo. A casa está situada ao final da vila, deixando atrás o porto, fronte á praia (un cartel de sinalización indícanos a súa situación).
Duración do traxecto de A Coruña a O Pindo: 1h 20 minutos
Como chegar desde Santiago de Compostela ata O Pindo
O traxecto máis curto é pola AC-544, que pasa por Negreira. Logo do cruce do Pino de Val, chegamos a Berdeogas, onde se accede á C-552, que nos conduce a Cee. Unha vez alí, desviámonos á dereita pola comarcal C-550 en dirección Muros. Logo de pasar O Ézaro, chegamos ao Pindo.
Se temos tempo, hai un traxecto un pouco máis longo pero máis agradable, pois transcorre pola costa. Para facelo, desde Santiago de Compostela dirixímonos a Noia e desde alí, pola C-550, tras cruzar Muros e Carnota, chegamos ao Pindo.
Duración do traxecto de Santiago de Compostela a O Pindo: 55 minutos.
Como chegar desde Vigo ata O Pindo
Desde Vigo ata Santiago de Compostela chégase pola autoestrada AP-9.
A partir de Santiago de Compostela débese seguir o camiño descrito arriba.
Duración do traxecto de Vigo a O Pindo: 1 hora e 45 minutos.